Trote

Director: Xacio Baño
Ano: 2018
Duración: 84 min
Xénero: Drama
Sinopse:

Carme vive nunha aldea das montañas do interior de Galicia co seu pai, Ramón, con quen apenas se comunica. Traballa nunha panadería e precisa deixar ese ambiente opresivo, pero as circunstancias sempre lle impediron dar o paso. Trote transcorre durante a fin de semana na que se celebra a tradicional Rapa das bestas. A aldea comeza a prepararse para a festividade. Luís, o seu irmán maior, volve á casa familiar por uns días coa súa parella.

A ópera prima que Xacio Baño estreou no Festival de Locarno é un filme de radiante beleza, cinematograficamente acentuada pola súa delicada e sinxela posta en escena, que non descoida o amor polo detalle e a procura do fermoso. Pero tamén é cinema áspero e doloroso, brutalmente honesto, grazas principalmente a unha inconmensurable María Vázquez, capaz de transmitilo todo soamente coa súa mirada. Como unha extensión do propio festexo, Trote é a loita entre o home e o cabalo, entre a razón e o instinto.

Proxeccións:

4 de maio ás 20:30
Auditorio Municipal do Concello (Praza do Rei s/n, Vigo)