Soy Cuba

Director: Mikhail Kalatozov
Ano: 1964
Duración: 141 min
Xénero: Drama, Revolución Cubana
Sinopse:

A través de catro historias descríbese a lenta evolución de Cuba, do réxime de Batista á revolución de Fidel Castro. Son catro narracións que reforzan o ideal comunista fronte ao capitalismo. Comezada a filmar apenas unha semana despois da 'crise dos mísiles cubanos', unha singular coprodución soviético-cubana na que, ao longo destes catro episodios, Cuba libérase das súas dependencias políticas para reafirmar a súa identidade, singular e independente, coas súas contradicións e esperanzas. A película foi " redescuberta" e dada a coñecer ao mundo polos mestres Martin Scorsese e Francis Ford Coppola nos anos noventa.

Proxeccións:

Luns, 22 de abril ás 19:50h
Multicines Norte (Rúa Vía Norte, 22, Vigo)
Entrada de balde