Napo

Director: Gustavo Ribeiro
Ano: 2020
Duración: 16 min
Xénero: Animación
Sinopse:

John, incapaz de comprender a enfermidade que conduce ao seu avó entre os estados pasados e presentes, atopa un vello álbum cheo de fotografías e deixa que as imaxes guíen a súa imaxinación, transformando as lembranzas do seu avó en interpretacións de debuxos. Debuxos que dan forma á súa relación nunha historia de memorias e construción de lembranzas.

Proxeccións:

Venres 16 de setembro de 2022
· 18:00 Instituto Camões Vigo (Praza de Almeida)
Sábado 17 de setembro de 2022
· 18:00 Auditorio Municipal do Concello de Vigo (Praza do Rei)