Fai o que queiras

Director: Montserrat Piñeiro Torres
Ano: 2018
Duración: 03:35 min
Xénero: Acústica

Peña son unha banda de música nada en Galiza no 2015.
Rubén Abad (Cró!, Trilitrate, Es Un Árbol, Orquestra da Metamovida), Elena Vázquez (Trilitrate, Suelen Estar Quartet, Orquestra da Metamovida) e Toño Magariños (diola, Unicornibot, Marrones Burócratas, Orquestra da Metamovida) xuntan forzas acústicas nun proxecto belo e sinxelo coma a vida mesma. Vivindo baixo a influencia de Nick Drake, Kiev Cuando Nieva, Fajardo, Richard Dawson, Alberto Montero, Syd Barret e outros artistas dese territorio emocional, están a construír un mundo de cancións que xiran en torno á beleza.

 

Proxección:

Venres, 11 de Maio, ás 22:00h no Espazo Mahou do Progreso 41 dentro da chamada “Festa dos Videoclips“.