La mujer invisible

Director: Noemí Chantada
Ano: 2017
Duración: 15 min
Xénero: Documental

Vive nun pequeno piso na cidade de Vigo e o seu discurrir non sería diferente ó de cualquera moza da súa idade de non ser pola tristeza que enmarca o seu rostro. Porque ó chegar a tarde muda de pel: cambia de roupa, cambia de nome, e cambia.

E así pode encarar unha noite máis.

Só unha noite máis.

Só un mes máis.

Só un ano máis.

Premios:

Festival Curtocircuíto 2017:

  • Premios CREA á Mellor Dirección Galega.
  • Premio do público.
  • Mención Especial do Xurado de Guionistas AGAG.

Proxeccións:

  • Venres, 11 de Maio ás 19:30h no MARCO.
  • Sábado, 12 de Maio ás 18:30h no Auditorio Municipal do Concello de Vigo.