Pingas

Director: Deborah Vukusic
Ano: 2018
Duración: 10 min
Xénero: Ficción

Un ex-policía, pai de familia, decide sacar á luz a verdade sobre o caso dun roubo, que indirectamente marcou a vida de todos. Con pingas de humor e cinismo e a través dun xogo de nenos salpicamos o retrato dunha familia, coas súas luces e as súas sombras, arredor dunha celebración de cumpreanos cunha sobremesa inquedante.

Proxeccións:

  • Venres, 11 de Maio ás 18:30h no Auditorio Municipal do Concello de Vigo.
  • Sábado, 12 de Maio ás 19:30h no MARCO.