É un dos cineastas fundacionais do noso moderno audiovisual. En 1989 dirixe Continental, filme estandarte da longametraxe profesional de produción galega. Previamente, desenvolve un extenso traballo de videocreación acadando numerosas distincións e premios intrenacionais. Os tres traballos que proxectamos están relacionados coa vangarda musical dos anos oitenta. En concreto, Alicia en Galicia Caníbal é case unha primicia rescatada, pois só se chegou a proxectar en festivais e mostras internacionais.