En 1984 é nomeado responsable de cine e vídeo da Dirección Xeral de Cultura, coordinador do programa A imaxe na escola e responsable da Videoteca de Galicia. Foi organizador da sección de vídeo das XOCIVIGA de 1984 a 1989, encargándose tamén de actividades paralelas como a exposición “Cinematógrafos galegos”.