Entrevistamos a Xoan Escudero, o director do documental O tempo Futuro

O Tempo Futuro é un documental sobre a primeira piloto española de bobsleigh é o seu soño por competir nos Xogos Olímpicos

Bárbara Iglesias é a primeira piloto de bobsleigh española e, a pesar da súa mocidade, ten moi claro cal é o seu soño: competir nos Xogos Olímpicos.

O Tempo Futuro, unha longametraxe de non ficción da produtora Y La Nave Va, é un retrato íntimo da loita de Bárbara por facerse un oco neste deporte. É un achegamento á vida dunha persoa que persegue o seu soño aínda que apenas conte con apoios e que a pista de xeo máis próxima estea a 1.500 km.

Na sexta edición do Primavera do Cine en Vigo tivemos a sorte de poder proxectar o filme e ter connosco o equipo polo que non quixemos pasar a oportunidade de coñecer un pouco máis acerca deste traballo tan inspirador, que, por certo, acaba de ser nomeado os Mestre Mateo na categoría de mellor documental.

Por iso convidámosvos a que vexades a entrevista que lle fixemos a Xoan Escudero, o seu director e quen nos conta como xurdiu a idea de facer este documental ou coma foi o traballo previo.

Deixe unha resposta