Sinopse

Nun futuro distópico, o concurso televisivo “La caja de tu vida” converteuse nun fenómeno mediático seguido a diario por millóns de espectadores. Á fronte do concurso está Toni, un presentador sen escrúpulos, capaz do que sexa por contentar á súa deshumanizada audiencia ávida de morbo. María, unha nai de familia de mediana idade, acode ao concurso coa esperanza de levar o gran premio e aliviar a súa afogada situación persoal.

David F. Vega / 12′ / 2016

Premios

  • Mellor curta no Concurs de curts fantàstics i de terror de Sants, Barcelona
  • Terceiro premio no Umbertidead Festival, Italia.