Sinopse

Joaquim é un profesor universitario e ex-militar da Guerra do Ultramar. Despois da súa morte, o seu fillo é contactado pola editora que está a desenvolver unha biografía en homenaxe ao profesor. Alexandre acepta a proposta e recolle algúns dos obxectos do seu pai, atopando un sorprendente negativo fotográfico que pode mudar a imaxe que o seu pai transmitía en vida. Alexandre enfróntase ao dilema: revelar a verdade ou manter a honra do seu falecido pai.

André Carvalho, Daniela Machado, Emanuel Toledo, Francisco Lopes, Gabriela Carvalho, Gloriya Gostyaeva, Halisson Silva, Irina Castro, Joana Moreira, Nuno Matos Valente, Paulo Alípio, Pedro Correia e Maria Teresa Colaço (realización coordinada por Nuno Rocha) / 14′ / 2016