Sinopse

Alén do Cosmos conta o periplo vital de Santiago Formoso, un rapaz vigués que emigrou a Nova York a finais dos anos 60 e acabou gañando a vida como futbolista do lexendario New York Cosmos, xunto a estrelas coma Pelé, Beckenbauer, Carlos Alberto ou Johann Cruyff. Retirado a finais dos 80, Formoso é hoxe un galego-americano máis dos moitos que viven en Queens ou Newark, cunha interesante experiencia que contar sobre o deporte, o negocio en que este se converteu e a vida concebida como espectáculo.

O documental levouse a cabo grazas a un crowfunding e comezouse a gravar en xuño de 2013, con localizacións a cabalo entre Newark, New York e Vigo.”

Pedro Pablo Alonso / 57′ / 2016