Longametraxes galegas 8

  • 9 ondas

    Simone Saibene
    Longametraxe galega
    Ficción 2013 98
    Galego,Castelán,Portugués Subtítulos en castelán
    Produción Noveolas Producciones, coa participación de TVG

    Finalista Premios Mestre Mateo 2014

    Na fronteira entre Galicia e Portugal, un home esquece os seus recordos ao beber auga dunha fonte. Comeza así un camiño cara á súa verdadeira identidade.

    Proxección
    Xoves 4 20:00
    Auditorio do Concello
  • A viaxe de Leslie

    Marcos Nine Bua
    Longametraxe galega
    Documental 2014 75'
    Galego Subtítulos en castelán
    Produción Alfonso Blanco

    En xuño de 1943 un escuadrón alemán derriba un avión comercial fronte á costa de Cedeira. Non hai superviventes. Entre os pasaxeiros aparece un nome ilustre, Leslie Howard. Era xudéu, propagandista antinazi, un galán da industria de Hollywood. A miúdo, a historia escríbese con fragmentos do que xa foi esquecido. Este é o relato da historia que puido ser, ou quizáis non, a travesía da derradeira viaxe de Leslie Howard.

    Proxección
    Sábado 6 20:00
    Auditorio do Concello
  • Piscina Municipal

    Patricia Pérez Fernández
    Longametraxe galega
    Documental 2014 38'
    Galego Subtítulos en castelán
    Produción Heidi Hassan

    A piscina dun pobo pequeno é visita obrigada dos seus habitantes. Da mañá á noite desfilan corpos de todas as idades para practicar ou aprender a nadar. Parecese un acto mecánico, rutineiro; non obstante, a voz oculta detrás de cada bañista emerxe e accedemos á súa intimidade, habitada por sonos, recordos e ocupacións diarias. Na noite, o espazo baleiro, silencioso, e a certeza de ter asistido a un fragmento da existencia.

    Proxección
    Venres 5 20:00
    Auditorio do Concello
  • A volta dos nove

    Antonio Caeiro
    Longametraxe galega
    Documental 2014 63'
    Galego
    Produción O Faiado Producións

    Nominado aos Mestre Mateo 2015

    O 15 de outubro de 1936 un suceso conmocionou a todo o Val Miñor. Logo de ahí, nove inscricións realizadas sobre a terra, decidiron que nunca o esquecésemos.

    Proxección
    Venres 5 20:00
    Auditorio do Concello
  • Las altas presiones

    Ángel Santos
    Longametraxe galega
    Ficción 2014 84'
    Galego,Castelán
    Produción Daniel Froiz - Matriuska Producciones

    Varios premios en festivais internacionais

    Miguel viaxa a Pontevedra, a súa cidade natal, co encargo de rexistrar as localizacións para unha película. A súa viaxe lévao de regreso ao lugar no que creceu, ao reencontro con vellos amigos, pero tamén, á posibilidade dunha nova relación: Alicia, una nova enfermeira que conseguirá apacigualo.
    Miguel tratará de levar a término o seu traballo aínda que case sempre prefira gravar aos paisanos cos que se encontra, os movementos e os rostros dos seus amigos, os trens pasando ou o mar.

    Unha viaxe en torno ao desarraigo (o cine) e o amor.

    Proxección
    Sábado 6 22:00
    Auditorio do Concello
  • Une Histoire Seule

    Xurxo Chirro
    Longametraxe galega
    Documental 2013 65'
    Galego,Francés e inglés
    Produción Beli Martínez

    Un home pretende facer un filme sobre a cidade de Xenebra (Suíza). Coa axuda dun amigo que vive noutro país busca como enfrontarse ao reto. Finalmente recorre á inspiración na obra e na figura de Jean Luc Godard. Decide ir a coñecelo mais equivócase de vila.

    Proxección
    Mércores 3 19:30
    Auditorio do Concello
  • Eramos Invisibles

    Ana Laura Pereira
    Longametraxe galega
    Documental 2009 84'
    Castelán
    Produción Venezolana de TV

    Varios premios en festivais internacionais

    Eramos invisibles, é a historia dun pobo que fora invisibilizado conscientemente pola dereita nacional e a inxerencia norteamericana, un pobo sometido á alienación e a globalización capitalista, que co último goberno liderado polo presidente Manuel Zelaya estaba a romper esa mordaza, aumentando os seus dereitos democráticos en vías da creación dunha nova constitución e a refundación do país, a partir dun sistema moito máis participativo e incluyente. O pobo de Honduras, sufriu un duro golpe o 28 de Xuño, cando o seu presidente foi secuestrado e forzado ao exilio. Implantando un goberno de facto, a igrexa, o exército e a oligarquía (entre a que se inclúen os emporios mediáticos) apoderáronse da institucionalidad. A partir dese día e a pesar da insistencia e o adoutrinamento do novo goberno golpista e os seus aliados mediáticos, o pobo de Honduras tomou as rúas, levantando o país en pé de loita, pola liberdade, a democracia e o retorno do seu presidente. A resistencia do pobo hondureño foi recoñecida internacionalmente pola súa valentía e a súa dignidade. Apoderándose das rúas, con puños e voces alzadas, con miles de quilómetros recorrido, con vías cortadas en todo o país e centos de accións combativas, o pobo hondureño non se rende. Para eles e por eles está feita esta película.

    Proxección
    Mércores 3 22:00
    Auditorio do Concello
  • Faro sin isla

    Cristóbal Arteaga
    Longametraxe galega
    Ficción 2014 85
    Castelán,Sen diálogos
    Produción Intricate Productions

    O faro é de 1967, pero ten varias reformas, porque o mar o oxida todo. Está nunha pequena illa e ten os mesmos anos que Félix Bacigalupo (Lois Soaxe), un mecánico da Mariña en profunda crise persoal, que chega alí para purgar a súa culpa, responsable como se sente dun triste episodio da súa vida. Home moi relixioso, acomete a súa autoimposta penitencia retirándose do mundo. Cando os seus dous novos compañeiros de traballo desaparecen, o taciturno Félix vese terriblemente só. Naquela misteriosa illa mínima só moran el e o seu Deus, co que tarde ou cedo deberá axustar contas. O atormentado fareiro busca cada vez maior refuxio na relixión, ata o extremo de non poder discernir entre a realidade e as fantasmagorías da súa mente. O sentimento de culpa e a soidade oxídano e corroen todo, como o mar. Cristóbal Arteaga (O triste olor da carne), novo cineasta chileno afincado en España, coquetea co realismo máxico neste filme que versa sobre a nosa relación coa fe, tan inexpugnable como fráxil.

    Proxección
    Martes 2 20:00
    Auditorio do Concello