Dítico visual con pantalla partida na que asistimos ás dúas facetas da vida de Cruz Piñón: a do día a día da muller do rural e a da muller con ganas de aprender e de non deixar escapar o mellor dun mundo novo.
"Cruz Piñón" é unha chamada ao optimismo, unha historia de superación e aprendizaxe que nos devolve a confianza na capacidade do ser humano para evolucionar continuamente ata a propia realización .